sábado, mayo 18, 2024
InicioComarcasLouriñaPeregrinaxe reivindicativa da música tradicional polo Camiño en Mos

Peregrinaxe reivindicativa da música tradicional polo Camiño en Mos

Sete grupos de gaitas mosenses percorrerán o Camiño de Santiago ao seu paso polo municipio, facendo parada nas Angustias, Veigadaña, o Pazo de Mos e a Capela de Santiaguiño

tradición en camiñoAo marxe das modas, dende o Concello de Mos aseguran traballar pola música tradicional e din saber que hai que seguir poñendo en valor o patrimonio cultural desta parte imprescindible da nosa cultura sen outra contrapartida que “a de estar seguros de estar facendo futuro”. Con este norte dende a Concellería de Cultura e da man do Círculo Cultural Abrente de Mos, e do seu mestre Xaime Estévez, xurdiu en 2022 está iniciativa que consiste en facer unha peregrinaxe reivindicativa da música tradicional polo tramo do Camiño de Santiago ao seu paso polo Concello de Mos, que consta duns oito quilómetros.
Non todas as músicas poden facer o mesmo e por isto a idea foi xuntar a música tradicional co patrimonio cultural que representa o camiño portugués neste tramo é toda unha demostración de que “somos máis música do camiño que ningunha e que inclusive podemos reclamar sen medo o primeiro plano da súa paisaxe sonora”. E é que moitos peregrinos confesan que cando chegan a Santiago xunto coa contemplación da praza do Obradoiro o que máis lle emociona é o son da gaita.

“Tradición en camiño” quere ser un ano máis unha iniciativa para poñer en evidencia indiscutible o papel da música tradicional galega na cultura do noso pobo. “Somos emoción que chega ao espírito do camiñante, emoción que segue cando pecha os ollos, pero tamén cando os abre, podemos formar parte da mellor oración, da mellor viaxe sonora”, afirma Xaime Estevez.
Será este domingo, día 30 de abril, cando se celebre a segunda peregrinaxe da música tradicional polo camiño de Santiago en Mos, entre O Porriño e Redondela. Durante toda a mañá, sete agrupacións musicais que suman un total de 250 músicos (entre gaitas e percusión) tocarán en catro localizacións diferentes de Mos, todas elas ao pé do Camiño de Santiago:

  • ás 10.00 horas na Capela das Angustias en Sanguiñeda
  • ás 11.15 horas no Albergue de Peregrinos da Veigadaña
  • ás 12.30 horas no Pazo de Mos
  • ás 13.45 horas naCapela de Santiaguiño en Guizán.

A Banda de Gaitas de Herville, o Grupo de Gaitas Nosa Terra de Pereiras, Xiada Gaiteiros Refrescantes, a Banda de Gaitas Airiños do Castelo, o Grupo de Gaitas Son do Abrente, Gaiteiros Ruada de Torroso, e o Coro Galego do Abrente son as agrupacións musicais que amenizarán esta xornada de música tradicional ao pé do Camiño de Santiago ao seu paso por Mos.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES