sábado, mayo 18, 2024
InicioComarcasLouriñaChega ao Porriño a primeira obra sobre Castelao dirixida aos máis pequenos

Chega ao Porriño a primeira obra sobre Castelao dirixida aos máis pequenos

A obra representarase o venres 28, ás 20.15 horas, no Círculo Recreativo Cultural

A figura capital da historia das artes en Galicia, Castelao, chega ao Porriño cunha proposta escénica para a infancia. A compañía Culturactiva Produccións, a través da Xunta de Galicia e o Concello do Porriño, trae este venres ao Porriño a súa obra de teatro infantil e familiar “Castelao”.
A obra, cun texto de Paula Carballeira coa dirección de Fina Calleja e Mónica Camaño e Cris Collazo en escena, presenta a un Castelao de 8 anos na súa vila natal. Divertido, feliz, alegre e aventureiro, buscando en todo momento a identificación do público con el.
Unha montaxe de ritmo trepidante. A tensión dramática desta peza cabalga sobre o lombo dunha persecución polas rúas de Rianxo nas horas previas á partida cara a Arxentina de Castelao e a súa nai. E mesmo antes, da man de Baltasara, comezará un percorrido trepidante coa urxencia que a inmediatez da partida garante. Queda pouco tempo, as horas antes de embarcar escorregan entre os dedos e a ausencia do neno da casa familiar farase notoria para Xoaquina

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES