sábado, abril 27, 2024
InicioComarcasLouriñaMos Axuda no Nadal con alimentos e xoguetes

Mos Axuda no Nadal con alimentos e xoguetes

Os produtos comestibles repartiranse esta mesma tarde grazas ao traballo das persoas voluntarias e os xoguetes o 5 de xaneiro nun acto cos Reis Magos

Esta mañá tivo lugar no salón de sesións do Concello de Mos o acto de agradecemento ao empresariado mosense e demais entidades pola súa colaboración na campaña solidaria municipal Mos Axuda no Nadal.
No acto estiveron presentes Nidia Arévalo, Alcaldesa de Mos; representantes da directiva de AEMOS; representantes das empresas colaboradoras coa campaña; Sara Cebreiro, concelleira de Política Social e Igualdade, e voluntarios/as de Mos Axuda e Protección Civil de Mos.
Arévalo aproveitou o encontro para agradecer “encarecidamente o enorme apoio” nesta campaña das empresas colaboradoras: Tesis Galicia, Afamsa, Reciclajes AVI, Mecoxi, Industrias Afines, Noriberica, Hierros Caldas, Grupo Couceiro, Autos Rivada, Serbafer Baterías SL e por suposto da Asociación de Empresarios de Mos, AEMOS.
Os produtos comestibles comezarán a repartirse esta mesma tarde grazas ao traballo dos/as voluntarios/as. Os xoguetes entregaranse aos cativos beneficiarios o 5 de xaneiro nun acto cos Reis Magos.
‘Ningún nenx sen agasallo’
A campaña Mos Axuda de Nadal 2022 inclúe desde fai anos o proxecto ‘Ningún nenx sen agasallo’. Esta iniciativa solidaria está promovida polo Concello de Mos en colaboración coa Asociación de Empresarios de Mos, para que ningún desexo dun neno/a este Nadal quede sen facerse realidade.
O listado de nenos/as é facilitado polo departamento dos servizos sociais de Mos e por suposto, os datos son totalmente confidenciais, polo que para mercar o regalo os colaboradores participantes reciben unha carta escrita polo neno/a beneficiario pero sen asinar, só identificada cun número de referencia. E o agasallo que pide na devandita carta debe ser depositado indicando no paquete o número da carta asignada.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES