viernes, mayo 17, 2024
InicioComarcasLouriñaPorriño convoca un concurso infantil de postais de Nadal

Porriño convoca un concurso infantil de postais de Nadal

Poderán participar cativada de entre 3 e 14 anos co seu deseño de postais orixinais e inéditas escritas en lingua galega

A Concellería de Educación e Normalización Lingüística do Porriño, que dirixe Carolina González, convoca o II Concurso Infantil de Postais de Nadal 2022.
Por segundo ano consecutivo, o Servizo de Normalización Lingüística do Porriño organiza este certame co obxectivo de que as/os máis pequenas/os feliciten as festas do Nadal a toda a cidadanía porriñesa mediante a creación dunha postal decorativa, cunha mensaxe positiva creada en lingua galega. Con esta actividade, ademais de que as nenas e nenos demostren a súa creatividade artística, o Concello do Porriño busca dinamizar o uso da lingua galega nun grupo de idade clave para o fomento dos hábitos lingüísticos.
Poderán participar nenas e nenos con idades comprendidas entre os 3 e os 14 anos a través de postais orixinais e inéditas escritas en lingua galega. Estas poderanse entregar do 10 ao 24 de decembro de 2022 na Caixa de devolución de libros da Biblioteca Municipal do Porriño, sita no exterior do Centro Cultural Municipal.
Establécense 3 categorías de premios, con tres premios por cada categoría, consistentes en lotes de material escolar. A entrega de premios efectuarase o 3 de xaneiro de 2023 no Centro Cultural Municipal.
As bases pódense consultar xa no blog do Servizo de Normalización Lingüística do Concello do Porriño: https://normalizacionlinguisticaoporrino.wordpress.com/

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES