sábado, junio 15, 2024
InicioComarcasO CondadoChega a Salvaterra o campamento de conciliación de Nadal

Chega a Salvaterra o campamento de conciliación de Nadal

A actividade comeza o día 23 de decemebro e prolongarase ata o 5 de xaneiro.

O Concello de Salvaterra de Miño organiza o Campamento de Conciliación de Nadal coa finalidade de proporcionar actividades de carácter educativo e lúdico así como de facilitar a conciliación da vida laboral, familiar e persoal.

O campamento desenvolverase nos días 23, 26, 27, 28,29 e 30 de decembro e os días 2,3,4 e 5 de xaneiro en horario de 09:00 horas ata ás 14:00 horas. Existe a posibilidade de aula matinal dende as 07:30 horas ata as 09:00 horas.

As persoas interesadas poderán solicitar a súa participación para os nenos e para as nenas de entre 3 e 12 anos, nacidos entre os anos 2019 e 2010. O prazo para presentar as solicitudes comeza o día 5 de decembro e rematará o día 14 do mesmo mes, sempre e cando non se terminen antes as prazas. As solicitudes deben formalizarse a través da sede electrónica ou por rexistro de entrada do Concello de Salvaterra de Miño

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES