martes, abril 30, 2024
InicioComarcasLouriñaSOS Porriño adáptase ás necesidades para prestar un servizo máis xusto

SOS Porriño adáptase ás necesidades para prestar un servizo máis xusto

As bases que regulan o banco de alimentos modificáronse para permitir o acceso a esta axuda a persoas afectadas por un incremento do aluguer ou hipoteca

O goberno municipal do Porriño conseguiu onte o respaldo do pleno á proposta de modificación das bases que regulan o banco municipal de alimentos, SOS Porriño.
Tendo en conta que a actual situación socioeconómica agravou as condicións de precariedade e vulnerabilidade de moitas familias residentes no Porriño, a actividade do banco municipal de alimentos SOS Porriño debe adaptarse a este contexto.
“É necesario redefinir os requisitos e criterios económicos de acceso ao programa para poder prestar este servizo da maneira máis xusta e igualitaria posible. Trátase de que ninguén se quede atrás e sen respaldo na difícil situación económica que se presenta”, explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo.
A tal fin, impulsouse unha modificación das bases que permita un acceso máis acaído ao servizo. “Ata o de agora para acceder a esta axuda había un límite de ingresos de 579 euros para unha persoa que viva soa”, explicou o concelleiro de Benestar Social, Abel Estévez. “Con esta modificación deduciranse neste importe o aluguer ou hipoteca ata un límite de 400 euros”. En definitiva, tal e como indicou o edil, “o que queremos é que un incremento no aluguer ou hipoteca non impida o acceso á axuda”.
O programa municipal de alimentos, SOS Porriño, atende na actualidade a unhas 150 familias, que reciben unha vez ao mes alimentos , con carácter xeral, aínda que tamén hai achegas a maiores en ocasións destacadas dependendo da dispoñibilidade de recursos

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES