martes, mayo 7, 2024
InicioComarcasLouriñaAs Palilleiras de Mos presentan o II Concurso de Noveis Deseñadores DesfilaMos

As Palilleiras de Mos presentan o II Concurso de Noveis Deseñadores DesfilaMos

A exposición de traballos das Palilleiras do Baixo Miño permanecerá aberta ata o 7 de outubro

A Asociación de Palilleiras de Mos presentou no Pazo de Mos DesfilaMos, II Concurso de Noveis Deseñadores, e a mostra de encaixe con traballos da Asociación de Palilleiras do Baixo Miño.

Na presentación, a presidenta das Palilleiras mosenses, Montse Pereira, estivo acompañada por integrantes da Asociación de Mos e da Asociación de Palilleiras do Baixo Miño de Tui; pola alcaldesa mosense, Nidia Arévalo; o tenente alcalde, Camilo Augusto; a concelleira de Cultura, Turismo, Participación Cidadá, Política Social e Igualdade, Sara Cebreiro e demais membros da corporación municipal e da Fundación Pazo de Mos.

Montse Pereira, presidenta das palilleiras mosenses:

Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos:

A exposición permanecerá aberta ao público nas salas do Pazo de Mos ata o 7 de outubro. O horario de visita é de luns a sábado de 16.00 horas a 20.00 horas.

Por outra banda a segunda edición de ‘DesfilaMos’ terá lugar no Pazo de Mos o 17 de setembro e contará coa actuación de Cristian de Samil, mercado artesán desde as 12.00 horas do mediodía e desfile de firmas a partir das 20.30 horas. Tamén haberá música tradicional ás 13.00 horas con actuación do Grupo de Gaitas de Celado e ás 19.00 horas co Grupo de Gaitas Airiños do Castelo do CC Santa Eulalia.

As novas xeracións do deseño de moda teñen de novo a súa oportunidade no Concurso de Noveis Deseñadores convocado pola Asociación de Palilleiras de Mos por segundo ano consecutivo.

A entrega de premios e desfile de exposición das coleccións presentadas a concurso realizarase na contorna do Pazo de Mos o 17 de setembro, nunha cita coa moda e o encaixe de bolillos bautizada xa na pasada edición como ‘DesfilaMos’.

A iniciativa ten o obxectivo de poñer en valor o encaixe no Camiño de Santiago, está organizada polas Palilleiras de Mos e en 2021 contou con preto de 300 persoas entre o público.

Esta iniciativa enmárcase dentro dunha proposta da Asociación de Palilleiras de Mos na contorna do Pazo de Mos, que acollerá o desfile con prendas do Concurso de Noveis Deseñadores.

Esta iniciativa das Palilleiras de Mos ten por obxectivo impulsar a vertente artística, tradicional e cultural do municipio, e tamén ser un revulsivo para a recuperación turística da zona tras as consecuencias da crise sanitaria da COVID-19.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES