sábado, julio 27, 2024
InicioComarcasVigoO pleno de Pazos de Borbén aproba por unanimidade reclamar melloras na...

O pleno de Pazos de Borbén aproba por unanimidade reclamar melloras na Atención Primaria

Foi unha iniciativa de Alternativa Veciñal e votaron a favor o Partido Popular e Ciudadanos. 

O pleno de Pazos de Borbén aproba por unanimidade pedir ao Servizo Galego de Saúde melloras na Atención Primaria do municipio. Votaron a favor da iniciativa de Alternativa Veciñal o Partido Popular, que é o grupo de goberno, e Ciudadanos. 

Do mesmo xeito, o pleno municipal acordou tamén solicitar a reposición do Servizo de Atención Pediátrica, que foi suspendido de forma temporal durante a pandemia diante da falta de facultativos. O goberno municipal xa mantivo unha xuntanza co xerente da Área Sanitaria de Vigo, Javier Puente, e daran agora «un tempo prudencial», segundo a tenente de alcalde, Eloisa Nogueira, para pedir outra xuntanza. 

Podes escoitar a entrevista completa coa tenente de alcalde, Eloísa Nogueira

 Actualmente, o centro de Saúde de Pazos de Borbén conta cunha única facultativa para atender aos case 3.000 habitantes do municipio. Unha situación que conleva un exceso na carga de traballo do persoal e provoca que parte da carga asistencial do municipio recaia nos centros médicos de concellos limítrofes.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES