sábado, abril 27, 2024
InicioComarcasLouriñaPintura solidaria a favor dos nenos refuxiados de Ucraína

Pintura solidaria a favor dos nenos refuxiados de Ucraína

A artista plástica Malís doa o 100% do recadado coa venda das súas obras a Aldeas Infantiles.

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, participou na inauguración da mostra solidaria da pintora Malís, Alicia Sarmiento.

A exposición presentouse no Pazo de Mos e consiste nun proxecto solidario no que colabora a Fundación Pazo de Mos.

Coa venda das obras expostas recadaranse fondos destinados á entidade Aldeas Infantiles para o seu proxecto con nen@s refuxiad@s de Ucraína.

Trátase dunha exposición solidaria que consta de aproximadamente 50 pezas de arte, de maior e menor tamaño, cun prezo de inicio para os máis pequenos de 15 euros, que se poderá aumentar segundo a cooperación que cada unha das persoas asistentes estea disposta a dar pola causa.

A Fundación Pazo de Mos, ao fin de colaborar no desenvolvemento de proxectos de promoción de arte e cultura en todas as súas formas, está gratamente sorprendida con esta iniciativa, dada a súa vertente social, educativa e transformadora.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES