martes, mayo 14, 2024
InicioComarcasLouriñaA primeira escola infantil entramado lixeiro en 3D do país ten selo...

A primeira escola infantil entramado lixeiro en 3D do país ten selo porriñés

A empresa Enpezas vén de rematar a infraestrutura modular que se instalará en Cantabria.

A primeira escola infantil en entramado lixeiro en 3D de toda España ten selo porriñés. A empresa Enpezas, sita no polígono industrial A Granxa, é pioneira neste sistema construtivo modular que acorta prazos, reduce a inversión económica e permite falar de arquitectura ecolóxica e instalacións eficientes.

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, visitou as instalacións da empresa acompañado polo seu co-CEO e co-fundador, Alejandro J. Bacelo, onde se estaban a dar os últimos pasos para finalizar unha escola infantil modular en 3D que se instalará en Cantabria. Onte cargáronse 5 camións, que esta noite chegarán a destino para comezar a montaxe, que está prevista finalizar na mañá do venres.

“Trátase dunha gardería modular de entramado lixeiro de madeira de 180 metros cadrados, á cal optamos por licitación pública”, explicou Alejandro J. Bacelo. “Os tempos da escola infantil en fábrica foron de 1 mes e 15 días e xunto co traslado, instalación e remate acumulamos un tempo de obra final de 3 meses”

Con estas cifras, podemos asegurar que Enpezas é quen de edificar en fábrica 2000 m2 ao año en construción 3D. Ademais, construíse cunha alta eficiencia enerxética, clasificación A, con chan radiante, aerotermia, fiestras de aluminio , recuperador de calor e fachada ventilada de altas calidades.

“A edificación modular en entramado lixeiro é garantía de rapidez, versatilidade e eficiencia enerxética”, asegurou o alcalde, Alejandro Lorenzo. “Unha fórmula pioneira que temos o orgullo de poder dicir que é un porriñés e dende O Porriño quen a implementa no noso país. Unha vez máis somos exemplo de innovación e vangarda”.

Enpezas creouse en xaneiro do ano 2020 no Porriño. Tras desempeñar a súa profesión como arquitecto técnico en varias empresas do sector da vivenda industrializada e ver a alta demanda do mercado fronte á pouca oferta, Alejandro J. Bacelo decidiu asociarse co seu pai que, tiña unha construtora tradicional e coincidía con el en que o modelo actual da construción non era sostible.

“Tiñamos que apostar pola madeira máis a industrialización”, conclúe Alejandro J. Bacelo. “Na actualidade contamos cun cadro de persoal de 7 traballadores en nómina e con previsión de incorporar máis persoal nos próximos meses. Somos proxectistas, construtora e dirección facultativa todo nun. Seguiremos traballando e crecendo”.

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES