viernes, abril 19, 2024
InicioComarcasLouriñaO mellor ‘jogo de Siriúna’ no Campionato Ibérico de Capoeira é veciño...

O mellor ‘jogo de Siriúna’ no Campionato Ibérico de Capoeira é veciño de Mos

Arturo Seminario, máis coñecido como “Bambino”, conseguiu dúas medallas.

O concelleiro de Deportes mosense, José Areal, visitou no Centro Dotacional de Torroso, onde imparte clase, ao mosense veciño de San Antoíño, parroquia de Louredo, Arturo Seminario Wunder, máis coñecido como “Bambino”, para felicítalo como medallista no último Campionato Ibérico da escola Abadá-Capoeira, onde logrou 2 medallas.
A cidade de Burgos acolleu en febreiro os Jogos Ibéricos da escola Abadá Capoeira, na súa XVIII edición. Uns 200 capoeiristas de España e Portugal mediron as súas forzas na 2º competición de maior envergadura celebrada fóra de Brasil, o país de orixe desta arte marcial afrobrasileña, que combina loita, acrobacias e música. Este ano por primeira vez, tras un parón de dous anos pola pandemia, contou coa singularidade de ser un evento híbrido, de forma presencial e en liña.
“Bambino” é un capoeirista que ama o que fai e ademais gústalle competir. O pasado febreiro obtivo dúas medallas, unha de finalista e outra como mellor ‘jogo de Siriúna’; representou a España e leva o nome de Mos a todos os lugares onde dá clase e compite, é dicir, por todo o mundo, xa que é competidor a nivel internacional.
Os Jogos Ibéricos inauguráronse por primeira vez no Porto en 2004, e a súa sede vaise turnando desde entón entre cidades de España e Portugal.
Bambino, alumno de Mestrando Cascão (Mestre Carioca brasileiro residente en Braga-Portugal), chegou á final desta competición na categoría A (Categoría co nivel máis avanzado), os competidores ‘jogan’ en parellas, tendo que realizar tres ‘jogos’ en cada eliminatoria, Benguela (‘jogo’ técnico con movementos de marcación e destreza no chan), Siriúna ( ‘jogo’ onde sobresaen as acrobacias) e de São Bento de Abadá (‘jogo’ máis obxectivo, a marcialidade imponse, golpes esquivas e derribas a unha gran velocidade).

Pioneiro no ensino de capoeira infantil
Arturo Seminario Wunder, máis coñecido no mundo da Capoeira como “Bambino” é graduado da escola Abadá-Capoeira, con 14 anos de experiencia nesta arte marcial e 5 anos dando clases para adultos, mozos e nenos na zona sur de Galicia, e é un dos pioneiros no ensino de capoeira infantil en Galicia.
Imparte clases todos os mércores no Centro Dotacional do Medio Rural de Torroso. As persoas de 13 anos de idade en diante interesadas en practicar esta arte marcial poden inscribirse nas clases de Seminario, preguntando por elas no propio Centro Dotacional. Arturo Seminario está interesado en ampliar o rango de idades o vindeiro curso e impartir clase en Torroso tamén á poboación infantil.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES