lunes, mayo 29, 2023
Google search engine
InicioNewsO PaísOs transportistas galegos decidirán en asemblea se segue o paro

Os transportistas galegos decidirán en asemblea se segue o paro

Os transportistas de Galicia non saben aínda se pararán a folga que suma xa 12 días ou se continuarán cos paros a vindeira semana. Será nas diferentes asembleas que se celebran ao longo deste venres en Galicia onde tomarán unha decisión unha vez que aborden as medidas anunciadas polo Goberno.

A Plataforma en Defensa do Transporte xa manifestou que como ninguén os escoitou seguirán co paro.

A ministra de Transportes, Raquel Sánchez, recibirá esta tarde á plataforma convocante da folga, logo de que esta non desconvocara o paro ao non seren chamados a última reunión de negociación.

O presidente da Asociación de Empresarios do Transporte de Galicia, Antonio Señarís, manifestou que estiveron revisando as medidas consensuadas polo Goberno coa Comisión Nacional do Transporte por Carretera (CNTC)  e  aínda están pendentes dunha asemblea da Federación Nacional e despois outrada asociación para ver que opinión teñen os socios. 

Señarís di que «eles foron os que convocaron o paro e serán eles quen o desconvoquen, polo que seguimos pendentes». Destacou que espera que «isto non se converta nunha batalla campal e que haxa algo máis de acordo».

ARTIGOS RELACIONADOS

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí

- Advertisment -
Google search engine

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES