miércoles, mayo 8, 2024
InicioNewsO PaísCanadá ten vontade de retomar a busca dos 12 desaparecidos

Canadá ten vontade de retomar a busca dos 12 desaparecidos

O ministro de Asuntos Exteriores, UE e Cooperación José Manuel Albares indicou este venres que o Goberno canadense expresou a súa «vontade» de retomar a procura dos mariñeiros desaparecidos tras o naufraxio do Villa de Pitanxo fronte ás costas de Terra Nova.

Albares falou o xoves pola noite coa súa homóloga canadense Melanie Joly e acaba de recibir outras dúas mensaxes súas nas últimas horas. Melanie Joly trasladoulle a Albares a «vontade, en canto as condicións climáticas o permitan», de continuar «cos esforzos na medida do posible».

O ministro subliñou que o rastrexo tivo que suspenderse polas condicións meteorolóxicas adversas, «con ondas de máis de oito metros, visibilidade moi escasa e temperaturas de tres graos baixo cero que fan practicamente imposible continuar os labores de busca e que mesmo poñen en risco a vida dos equipos de rescate».

O pasado mércores pola noite, hora galega, tras máis de 36 horas de busca, O Canadá confirmou que daba por concluído o dispositivo, que se suspendeu cun resultado de doce mariñeiros desaparecidos e nove corpos recuperados amais dos tres sobreviventes.

Os sobreviventes son o patrón do barco Juan Padín, o seu sobriño Eduardo Rial Padín e o mariñeiro ghanés Samuel Kwesi, residente en Marín, que ten muller e cinco fillos que viven en África.

Precisamente, as condicións meteorolóxicas adversas retrasan a chegada a terra dos barcos que transportan os tres sobreviventes do naufraxio e os nove corpos recuperados.

O Playa Menduía Dos, cos 3 superviventes e falecidos, chegará finalmente este sábado polas malas condicións metereolóxicas.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES