miércoles, mayo 1, 2024
InicioNewsO PaísAberta a investigación para esclarecer os detalles do naufraxio

Aberta a investigación para esclarecer os detalles do naufraxio

As entrevistas aos 3 superviventes e ao armador do Villa de Pitanxo serán claves na investigación para coñecer as causas do naufraxio e dos seus detalles para poder ter toda a información que aclare por qué faleceron 9 persoas e 12 seguen desaparecidas no mar. 

As preguntas ás vítimas e implicados nesta traxedia marítima non serán inmediatas.

A Comisión Permanente de Investigación de Accidentes e Incidentes Marítimos (CIAIM) activou a investigación do naufraxio do Villa de Pitanxo.

Este órgano independente, adscrito ao Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana, non prevé un desprazamento inmediato ao Canadá.

As entrevistas non serán inmediatas, pois «terán lugar no momento máis conveniente de acordo coa información recompilada e coa previsión que haxa para a repatriación».

A normativa reguladora da CIAIM establece un prazo máximo dun ano para a publicación das conclusións, a contar, neste caso, desde o afundimento. 

A comisión de investigación recompila por agora evidencias documentais e electrónicas sobre o buque, a súa mariñeiría, o proxecto de construción, as reformas e as titulacións e certificados das 24 persoas que ían a bordo.

Tamén os rexistros electrónicos dos sistemas de localización da nave (a denominada caixa azul e os rexistros do sistema de identificación automática), as previsións meteorolóxicas, as radiocomunicacións e os sinais de emerxencias.

O Goberno está en contacto coas autoridades canadenses coa intención de aproveitar calquera oportunidade para retomar os labores de rescate dos doce tripulantes que seguen desaparecidos, unha petición da Xunta e, sobre todo, das familias, indignadas por unha procura de só 36 horas e pola falta de información.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES