sábado, abril 27, 2024
InicioComarcasO CondadoPonte Solidario denuncia listas de agarda de máis de tres meses para...

Ponte Solidario denuncia listas de agarda de máis de tres meses para os Servizos Sociais de Ponteareas

A asamblea anuncia mobilizacións e levará a problemática ao pleno municipal do mes de febreiro.

Ponte Solidario, a organización sen ánimo de lucro da vila do Tea «que loita contra as desigualdades dende o activismo social», segundo a súa definición, denuncia listas de agarda de máis de tres meses para unha cita de emerxencia social nos Servizos Sociais de Ponteareas. Anuncia mobilizacións e expoñerán a problemática no pleno ordinario de febreiro.

Dende a asamblea, explican que «a Concellería de Benestar Social segue sen aportar solución a unha realidade que afoga a moitas familias do pobo e Ponte Solidario esixe que este servizo non pode demorar unha cita máis de 48 horas». Teñen xa un calendario pechado de actuacións para reivindicar que se aumente de máis persoal este departamento, un servizo «de xestión exclusivamente municipal», segundo explica un dos voceiros Manoel Ucha para os informativos de Si Radio, que apunta a que o primeiro paso é esta chamada de atención coa publicación dun comunicado.

É importatante que os prazos das citas nos Servizos Sociais non se demoren máis de 48 horas porque «por exemplo, unha familia que precise unha axuda para pagar o aluguer non pode agardar tres meses para que lle atendan as traballadoras sociais, porque se cronifica o problema», conta Ucha.

Admiten dende Ponte Solidario que teñen «unha boa comunicación coa Concelleira Verónica Carrera», pero que «queda ahí» porque logo «non se materializa».

A entrevista completa con Manoel Ucha, un dos voceiros de Ponte Solidario:

 

 

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES