martes, abril 23, 2024
InicioNewsO PaísDous veciños de Valdoviño capturan ao Rambo Galego

Dous veciños de Valdoviño capturan ao Rambo Galego

Dous veciños de Valdiviño permitiron este xoves a detención de Alfredo Sánchez Chacón, coñecido como o «Rambo» galego. Retivérono ata que chegou a Garda Civil que estaba na súa procura desde fai case un ano.

Sánchez Chacón foi detido na parroquia de Loira, no municipio coruñés de Valdoviño. O fuxido tentou entrar por unha fiestra nunha vivenda do lugar do Calvario, pero foi descuberto e perseguido por dous veciños, que lograron apresalo e inmobilizalo no Cruceiro, ata a chegada da Garda Civil.

Sánchez Chacón era buscado desde marzo do pasado ano despois de que non regresase ao cárcere na que estaba a cumprir condena, a de Monterroso, en Lugo, tras un permiso penal.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES