viernes, mayo 3, 2024
InicioNewsO PaísComesaña aposta pola redución dos días de corentena

Comesaña aposta pola redución dos días de corentena

A Xunta é partidaria de que se poida ir relaxando o uso da máscara en exteriores e que se acurten os días de corentena para os contaxiados de COVID-19, actualmente establecida en 7 xornadas. Con todo a taxa de contaxios segue sendo moi elevada e pide, de momento, prudencia.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña:

Cunha porcentaxe elevada de vacinación, tanto en segundas como en terceiras doses, Comesaña cre que as corentenas poder ser máis breves que os 7 días actuais.

«Seguimos crendo que hai que relaxar ese periodo, é certo que poñendo as medidas que se consideren oportunas, xa sexa una proba para volver incorporarse ou aquelas medidas que se estimen perminentes polos especialistas en Saúde Pública, pero cremos que é o momento, e cada vez máis, de revisar esta duración» dixo.

Aposta por seguir co control nas interaccións sociais , co distanciamento social, a hixiene de mans e o uso da máscara. Con todo esta última tamén cre que poderá desaparecer pronto en exteriores sempre que se cumpran o distanciamento social. 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES