sábado, julio 27, 2024
InicioComarcasLouriñaSalceda lanza unha campaña contra a prostitución e a explotación sexual

Salceda lanza unha campaña contra a prostitución e a explotación sexual

A través da área de Igualdade que dirixe Loli Castiñeira, o Concello de Salceda ven de impulsar a Campaña “Sen Clientes non Hai Explotación”, unha acción de sensibilización cidadá contra a prostitución e a explotación sexual que pon a lupa nos clientes e consumidores de prostitución e aborda a realidade desta gravísima violación dos dereitos humanos que constitúe unha forma de violencia contra as mulleres.

Internacional Contra a Explotación Sexual e o Tráfico de Mulleres, Nenas e Nenos. Conta con carteis e postais que se están a repartir por toda a vila e que inclúen o lema da campaña “Sen Clientes Non Hai Explotación” e aporta datos sobre esta forma de escravitude en pleno século XXI. Castiñeira destacou que a campaña quere ter un amplo percorrido nas redes sociais e por elo empregaranse os hashtags #SalcedacontraaTrata #SalcedacoasVítimas e #SenClientesNonHaiExplotación.
A maioría das mulleres prostituídas son vítimas de trata e explotación sexual que están controladas por bandas mafiosas. A trata afecta a todos os países, sexa como lugar de orixe, tránsito ou destino das propias vítimas que son principalmente mulleres e nenas. Ademais, lémbrase no material gráfico que España é o primeiro país de Europa en consumo de prostitución e o terceiro a nivel mundial.

salceda campaña explotación sexual 3

No marco da campaña celebrouse tamén unha mesa redonda ao redor deste tema e que contou, entre outras, con Mª Xosé Queizán, escritora e activista abolicionista galega.
A campaña, incluída no Programa DIANA do Concello de Salceda, está financiada pola Deputación de Pontevedra e é a primeira vez que se desenvolve en Salceda.
Loli Castiñeira quixo lembrar tamén que esta campaña está contemplada como unha das 63 medidas do II Plan de Igualdade de Oportunidades de Salceda de Caselas, aprobado por unanimidade de todas as forzas políticas no pleno

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES