jueves, abril 18, 2024
InicioComarcasLouriñaTódolos sectores representados no consello veciñal de Salceda

Tódolos sectores representados no consello veciñal de Salceda

Un total de 49 asociacións do eido educativo, cultural, social, veciñal, comercial, deportivo, de montes, etc. solicitaron formar parte deste Consello de Participación Veciñal.

A finais do pasado mes celebrouse a primeira reunión de organización na que participaron a maior parte das asociacións e acordouse celebrar a sesión constitutiva do consello o próximo 18 de novembro.
O regulamento de Participación Cidadá que inclúe a constitución do Consello Veciñal aprobouse por acordo do Pleno Municipal o 27/08/2020 e foi publicado no Boletín Oficial da Provincia o 7 de setembro de 2020.
A pandemia impediu realizar esta sesión informativa antes e atrasar a data da sesión constitutiva do Consello de Participación Veciñal.
Na reunión debateuse o borrador de regulamento interno no que se define o Consello, a súa composición, as funcións e como van a desenrolarse as sesións, que se celebrarán como mínimo cada seis meses. A aprobación deste regulamente formará parte da orde do día da primeira sesión constitutiva de novembro.
A presidencia corresponderalle a alcaldesa Verónica Tourón, que é responsable ademais da área de Participación Veciñal e participarán no consello ademais tres concelleiros/as designadas pola alcaldesa e unha persoa representante de cada unha das asociacións.
O rexistro de asociacións segue aberto e tamén segue aberta a opción a participar no Consello, solicitándoo en calquera momento, xa que se trata dun órgano aberto.
A participación veciñal é un compromiso do goberno, considerando indispensable que os elementos dinamizadores da vida social teñan unha participación activa na vida política do Concello e actúen como complemento enriquecedor da democracia representativa.
Verónica Tourón explica que «a pesar da época de pandemia que estamos a vivir queremos impulsar un concello aberto e democrático, fomentando a participación da veciñanza. Contar nesta reunión coa maioría das asociacións do noso concello é síntoma de que vamos no bo camiño e o consello será un órgano no que haxa un debate transparente e construtivo para mellorar a nosa vila”.

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES