viernes, mayo 10, 2024
InicioComarcasO CondadoO PP esixe ao Goberno que se posicione sobre a Liña de...

O PP esixe ao Goberno que se posicione sobre a Liña de Alta Tensión

Portugal ratificou o trazado que atravesa Arbo e As Neves con 400 Kv, e o PP quere saber se actuou unilateralmente ou consultou con España.

O Partido Popular esixirá ao Goberno central que aclare a súa postura respecto do proxecto da Liña de Alta Tensión (LAT) de 400 kv en Arbo e As Neves. Será a través dunha batería de preguntas no Congreso, que os deputados da provincia de Pontevedra, Ana Pastor, Diego Gago, Javier Bas e Juan Constenla, acompañados polo alcalde de Arbo, Horacio Gil, rexistraron esta semana en Madrid.

A través desta pregunta, esixirán ao Goberno que aclare si contempla a posibilidade de reiniciar desde cero o estudo das alternativas ao trazado da LAT na procura dun consenso cos veciños e concellos afectados. Os populares recordan que ningunha das alternativas que se plantexaron ata o de agora desde Rede Eléctrica suscitaron consenso veciñal nin tampouco recibiron o apoio institucional dos concellos polos que transcorre o trazado. Explican que este trazado pasa a escasos 20 metros das vivendas, co risco que supón para a saúde dos veciños e veciñas afectados, pero ademais, provoca grandes prexuízos tanto para o medio ambiente e a paisaxe -as marxes que transcorren polo río Miño encádranse na Rede Natura 2000-, como para os viñedos e viticultores da zona.

Ademais, os populares tamén amosan a súa preocupación polo feito de que o Goberno de Portugal ratificase recentemente manter o trazado transfronteirizo desta liña, polo que preguntan si o Goberno español comparte esta posición e si acordaron ou negociaron a postura portuguesa. “Queremos saber si o Goberno admite a posición unilateral de Portugal sobre este proxecto, en especial ao referente ao punto de conexión con Galicia, e tamén si participou dese acordo ou negociación”, sinala Ana Pastor.

Pola sua parte, Horacio Gil insiste na enorme preocupación que hai entre os veciños das parroquias de Sela e Barcala, no concello de Arbo, pero tamén de Vide, en As Neves, polas importantes repercusións que terá a liña de alta tensión para o territorio e para as persoas, e por iso esixe que desde o Goberno central se lle dean respostas ás súas preguntas. “Non podemos seguir máis tempo con estas incertezas, o Goberno de España debe ser claro e explicar que é o que ten pensado facer. Atender as demandas dos veciños e dos concellos, ou actuar de costas a eles”.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES