miércoles, diciembre 10, 2025
InicioNewsComarcasRozalén en Vigo: As entradas sairán á venda o vindeiro 14 de...

Rozalén en Vigo: As entradas sairán á venda o vindeiro 14 de xullo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, explicou esta mañá os detalles de venda das 5.000 localidades para poder gozar dende a platea de Castrelos de Rozalén, das que explicou que teñen un custo de 10 euros. A venda para o terceiro dos concertos do “Vigo en Festas 2025”, terá lugar o vindeiro luns 14 de xullo, seguindo o sistema posto en marcha na anterior edición, polo Concello de Vigo.

Cantas entradas están dispoñibles para Rozalén en Vigo?

Segundo indicou o rexedor da cidade olívica, poderanse adquirir un total de 5.000 localidades, 4.000 de xeito presencial no auditorio de Castrelos e 1.000 en liña.

Para facilitar o acceso de toda a cidadanía, independentemente do seu horario de traballo, as entradas sairán en dúas quendas (en horario de mañá de 9:00 a 14:00 horas e pola tarde de 16:00 a 21:00 horas). En cada quenda estarán á venda 2000 reservas físicas e 500 de xeito online. Cada persoa poderá retirar 4 reservas “que son nominais e intransferibles”, polo que terán que acudir cunha copia do DNI (ou outro documento identificativo) das persoas para as que queira adquirir a reserva.

Cando actúa Rozalén en Vigo?

A cantautora Rozalén, gañadora do Premio Nacional de Músicas Actuales no 2021, actuará no auditorio de Castrelos o próximo 24 de xullo. Sobre as tablas, fará cantar ao público co seu úlitmo álbum «El abrazo». Trátase dun traballo musical no que homenaxea ao folclore.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS