martes, octubre 15, 2024
InicioNewsO PaísQuinta xornada de baixada de positivos COVID-19 en Galicia

Quinta xornada de baixada de positivos COVID-19 en Galicia

Van cinco días de mellora da situación epidemiolóxica en Galicia con 2.420 positivos actualmente e 24 persoas ingresadas nos hospitais diagnosticadas de coronavirus. Son datos semellantes aos de agosto de 2020.

Por quinta xornada, os casos activos descenden en Galicia en 78, quedando en 2.420 persoas con covid−19. Con todo, hai que ter en conta que onte se diagnosticaron 130 novos positivos.

A área de Vigo continúa desmarcada á cabeza en número de casos, mentres que a da Coruña e a de Santiago se asemellan cada vez máis:

Vigo: 722 (-38)

A Coruña: 461(-22)

Santiago: 439 (+2)

Pontevedra: 310 (-8)

Lugo: 222 (+2)

Ourense: 191 (-6)

Ferrol: 75 (-9)

A situación nos hospitais mellorou notablemente. Os ingresos acen en 14 persoas: Hai un total de 124 ingresados: 96 en planta (-11) e 28 nas UCI (-3). Son cifras propias de agosto de 2020.

O Sergas notificou onte dous falecementos por mor da covid−19, que elevan a cifra de vítimas no que vai de pandemia a 2.415.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS