jueves, noviembre 7, 2024
InicioComarcasLouriñaEvitan o suicidio dun veciño de Salceda na vía do tren no...

Evitan o suicidio dun veciño de Salceda na vía do tren no Porriño

Dous axentes da Policía Local interveñen logo de recibir o aviso alertando das intencións da persoa de tirarse dende unha ponte

Segundo indican dende o Concello do Porriño, “os dous axentes actuaron con rapidez e destreza. Mentes un deles empezou a falar coa persoa que pretendía tirarse, o outro policía agarrouno polos brazos e o pescozo para evitar que se lanzase e puideron retiralo da zona de perigo ata que chegou unha ambulancia e o trasladou ao centro de saúde da localide”.
A persoa protagonista desta tentativa de suicidio identificouse como un veciño de Salceda de Caselas, de 47 anos. Estaba na varanda da ponte de acceso á autovía A-55 co polígono das Gándaras.
Grazas á colaboración cidadá recibiuse aviso de que alguén estaba agarrado pola parte exterior da varanda da ponte, «con claras intencións de arroxarse cara a vía do tren», segundo sinala o atestado. Cando a patrulla policial chegou atoparon esa situación e tamén a un grupo de persoas que, “a unha distancia prudencial, intentaban convencelo para que non se tirara”. Nese intre circulaba un tren por debaixo da ponte.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS