lunes, octubre 14, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoO sorteo da ONCE deixa 210.000 euros en Tomiño

O sorteo da ONCE deixa 210.000 euros en Tomiño

O sorteo do cupón diario da ONCE deixou 210.000 euros en Tomiño, repartidos en seis cupóns de 35.000 euros cada un.

Os seis boletos foron vendidos por Antonio Luis Fernández, traballador da ONCE dende fai 23 anos, os 20 últimos en Tomiño.

Antonio cree que o premio está moi repartido, pois onte era día de mercado na localidade, e é o día da semana no que máis xente se despraza ao centro. Ademais, considera que o mércores é o seu “día da sorte”, pois fai anos tamén repartiu un premio “importante” nos arredores do mercado.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS