lunes, noviembre 11, 2024
InicioNewsComarcasA Cañiza, O Rosal e Covelo, sen positivos en COVID-19 nunha semana

A Cañiza, O Rosal e Covelo, sen positivos en COVID-19 nunha semana

O virus deixou de circular entre a veciñanza da Cañiza, do Rosal e de Covelo. Mondariz-Balneario é o único municipio libre de COVID-19.

Segundo a última actualización de Sanidade, non hai casos en COVID-19 durante unha semana nos concellos da Cañiza, do Rosal e de Covelo. Pola súa banda, Mos continúa na incidencia considerada de risco polo SERGAS con máis de 250 contaxios por 100.000 habitantes en 7 días pero con 15 positivos menos que onte.Amáis, baixa a presenza do virus en Crecente.

Deste xeito, A Guarda, O Rosal, Covelo e A Cañiza, municipios nos que o virus deixou de circular durante unha semana, presentan a incidencia máis baixa que contempla Sanidade ao rexistrar menos de 10 contaxios por 100.000 habitantes. Con todo, manteñen casos activos coa persepctiva de 14 días polo que aínda non é posible incluilos na listaxe dos concellos libres da COVID-19 como si o está Mondariz-Balneario.

Mos, pola súa banda, continúa na incidencia de risco ao superar os 250 contaxios por 100.000 habitantes nunha semana. Son 46 casos en 7 días, 15 menos que onte, segundo o SERGAS. A partir deste sábado 29 de maio, non se poderá nin entrar nin saír do municipio agás por causas xustificadas e a hostalería estará pechada.

As Neves e Ponteareas rexistran máis de 75 positivos por 100.000 habitantes nunha semana. Só a vila do Corpus supera os 9 casos con 20 ,igual que na anterior xornada. Precisamente, Crecente, que se atopaba nesta mesma incidencia logra mellorar os seus datos e sitúase agora coa maioría dos municipios das comarcas, entre 25 e 75 contaxios por 100.000 habitantes.

Os demais municipios das comarcas manteñen a súa situación epidemiolóxica. Entre 25 e 75 casos por 100.000 habitantes nunha semana continúan Oia, Gondomar, Nigrán, Vigo, Soutomaior, Fornelos de Montes, Arbo, Salvaterra de Miño, O Porriño e Mondariz. Cuns mellores datos, seguen Tomiño, Tui, Redondela e Salceda de Caselas ao non superar os 25 por 100.000 en 7 días.

Falece un home de 89 anos con COVID-19 na Área Sanitaria de Vigo

Así todo, a Área Sanitaria de Vigo rexistra 722 casos activos. Isto é, 38 menos que onte. Baixa tamén a presión hospitalaria ata as 21 persoas ingresadas en camas convencionais e ata as 6 nas Unidades de Coidados Intensivos. En total, 9 pacientes menos.

Con todo, O SERGAS notificou este mércores o falecemento dun home de 89 anos de idade no CHUVI. O home, que faleceu o día 25 de maio, presentaba patoloxías previas. Son xa 434 as persoas co virus que perderon a vida na área dende o incio da pandemia.

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS