lunes, octubre 14, 2024
InicioNewsO PaísO III Son do Camiño queda aprazado a xuño de 2022

O III Son do Camiño queda aprazado a xuño de 2022

Os organizadores do festival O Son do Camiño descartan celebrar a que sería a súa terceira edición no Monte do Gonzo, en Santiago, este ano e adíano xa a xuño de 2022, do 16 ao 18. Con todo haberá un ciclo de concertos este verán que se dará a coñecer proximamente.

O terceiro O Son do Camiño tampouco será este verán en Ano Xacobeo. Queda aprazado por segundo ano consecutivo para o Xacobeo 2022. As entradas valerán para o ano vindeiro, aínda que quen as queira anular poderá pedir reembolso a partir do 17 de xuño.

A organización asegura que participará boa parte» dos artistas principais previstos para 2020 e sumará máis 40 de renome internacional, ademais de incluír «propostas que visitarán por primeira vez a comunidade», «unha ampla representación galega» e diversos estilos.

Anuncian esta decisión debido a que na actualidade «é imposible desenvolver un evento destas características» aínda que se confiaba en que a situación sanitaria permitise levalo a cabo e «a pesar da evolución favorable de Galicia en particular».

Nos próximos días vaise dar a coñecer a que será a edición máis especial ata a data, parte do seu cartel.

A alternativa para este ano será «O Son do Camiño-Perseidas», en formato de ciclo de concertos no Monte do Gozo. As entradas para este evento serán independentes e sairán á venda nos días posteriores á presentación do evento. A programación se dará a coñecer a próxima semana.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS