martes, octubre 15, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoO Rosal remodelará a Praza do Calvario

O Rosal remodelará a Praza do Calvario

O Concello do Rosal levará este xoves a pleno unha modificación de crédito extraordinario de case 165.000 euros para levar adiante as obras de remodelación da Praza do Calvario.

Trátase dunha modificación que atende á necesidade de dotar de consignación orzamentaria aos traballos correspondentes á anualidade 2021 da licitación da reforma da praza, que se configura como un gasto plurianual. O inicio da execución está previsto para este ano.

Dentro desta planificación ordenada da reforma do Calvario, o Concello tamén levará a esta sesión plenaria a petición de suplemento de crédito de 4.840 euros para a elaboración dun documento técnico que permita unha reordenación funcional da contorna da praza, reasignando usos sen modificación da sección viaria que xa existe. Con este estudo búscase definir de xeito pormenorizado as accións a desenvolver para adoptar un sentido único de circulación, creando espazos reservados para usos terciarios e reordenando as prazas de estacionamento.

Compensación polo peche fronteirizo

O Concello tamén levará a pleno unha moción da Alcaldía solicitando medidas de compensación polo impacto socio-económico no territorio do río Miño transfronteirizo do peche de fronteiras e das medidas restritivas tomadas polos gobernos español e portugués nos estados de alarma pola pandemia da COVID-19.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS