sábado, julio 27, 2024
InicioUncategorisedAvanza a eliminación do paso a nivel no Porriño

Avanza a eliminación do paso a nivel no Porriño

A alcaldesa viaxe este xoves a Madrid para reunirse coa directora xeral de Planificación e Proxectos do ADIF

Mentres proseguen as catas para o estudo xeotécnico que conlevará á eliminación do paso a nivel que atravesa o casco urbano no Porriño, a alcaldesa da localidade, Eva García de la Torre, ten programada unha viaxe a Madrid onde se reunirá, este venres ás 09.30 horas, con María Luisa Domínguez, directora xeral de Planificación e Proxectos do Administrador de Infraestruturas Ferroviariase e outros directivos do ADIF co fin de «coñecer de preto como están as xestións que realiza este organismo para acadar fondos para suprimir o paso a nivel do centro urbano do Porriño», sinalan fontes municipais.

Namentres, este mediodía, a rexedora local comprobou na contorna da praza de abastos o avance das catas xeotécnicas que realizan as empresas GOC e Prointec, contratadas polo ADIF para estes traballos. Os resultados destas sondaxes servirán para definir a solución que contemplará o proxecto de supresión do paso a nivel.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES