sábado, diciembre 14, 2024
InicioComarcasLouriñaO parque empresarial da Veigadaña en Mos poderá ser ampliado

O parque empresarial da Veigadaña en Mos poderá ser ampliado

Será obxecto de estudo logo de que o 95% da superficie do polígono destinada a parcelas para uso empresarial xa está vendida

A Xunta de Galicia estudará unha posible ampliación de solo empresarial no concello de Mos. Así llo trasladou o director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), Heriberto García, ao presidente da Asociación de Empresarios de Mos (Aemos), Manuel Castro, e ao xerente da entidade, Francisco Domínguez, cos que mantivo hoxe unha reunión telemática.

Durante a xuntanza analizouse a situación das vendas de solo no parque empresarial de Veigadaña, no que só quedan cinco parcelas dispoñibles cunha superficie total de menos de 20.000 metros cadrados. Ante a puxanza do parque, os representantes do tecido empresarial de Mos demandaron a ampliación do mesmo, unha cuestión que quedaron en analizar ambas partes en futuras reunións, nas que se analizarán as posibles alternativas.

Cómpre lembrar que o parque empresarial de Veigadaña conta cunha superficie de preto de 400.000 metros cadrados destinada a parcelas para uso empresarial, dos que xa están vendidos case o 95%.

Por outra banda, Heriberto García e os representantes de Aemos tamén falaron da necesidade de que a futura Lei de áreas empresariais na que está a traballar xa a Xunta contemple sistemas de xestión dos parques e polígonos xa existentes que permitan a súa modernización e mantemento nas mellores condicións posibles.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS