martes, abril 16, 2024
InicioComarcasLouriña"O nivel máximo de restricións é un pau, un paso cara atrás"

«O nivel máximo de restricións é un pau, un paso cara atrás»

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, explica tamén que negociará novas axudas para a hostalería co sector esta semana.

Nidia Arévalo, a rexedora de Mos, explica nos informativos locais e comarcais de Si Radio que o nivel máximo de restricións supón un «pau e un paso cara atrás» para o municipio. Sobre todo para o sector da hostalería posto que a partir do 29 de maio terán que pechar os locais. Neste senso, a alcaldesa explicou que negociará esta mesma semana co sector novas axudas.

Este mércores están convocados ao redor de 5.000 veciños e veciñas do concello nun cribado masivo co fin de detectar persoas asintomáticas con COVID-19. A rexedora anima a que as persoas que foron convocadas polo SERGAS acudan e frear, así, o avance do virus para» saír desta canto antes».

Podes escoitar a entrevista completa, aquí:

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES