sábado, abril 20, 2024
InicioNewsO PaísConcertos e verbenas con menos de 1.000 persoas de pé en xullo

Concertos e verbenas con menos de 1.000 persoas de pé en xullo

Antes de ser unha realidade deberá superarse a proba piloto que se fará o 19 de xuño en cinco puntos de Galicia. Verbenas co público de pé, con rexistro de asistentes, máscara e bailes en burbulla sen poder consumir.

Os concertos e festas con menos de 1.000 asistentes poderán volver ser co público en pé en Galicia no mes de xullo. Antes debe superarse o protocolo previsto cunha proba o 19 de xuño en cinco puntos distintos de Galicia.

Nas probas, ademais de orquestras e público, estarán integrantes de Serfega, a asociación de empresas que prestan servizos neste tipo de eventos.

Estes concertos serán sempre en exterior e coa pista de baile acoutada.

Os asistentes deberán dar os seus datos ao chegar por seguridade en caso de que se diagnosticaran positivos COVID-19 entre os asistentes nos días seguintes. O público poderá bailar só co seu núcleo e ter a máscara posta.

Con todo, os concertos e festivais de máis asistentes, de entre 1.000 e 10.000 persoas, ( como poderían ser os do Xacobeo) o público terá que seguir estando sentado, en grupos burbulla e gardando as distancias de seguridade.

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES