lunes, octubre 14, 2024
InicioNewsO PaísFeijóo anunciará ao mediodía as novas medidas de desescalada

Feijóo anunciará ao mediodía as novas medidas de desescalada

Permitir reunións de 6 persoas en interior (en lugar de 4 como agora) e 10 en exterior (en lugar de 6 como até agora) será previsiblemente unha das relaxacións que anuncio o presidente galegoa este mediodía.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Fejóo, comparecerá hoxe a partir das 13.30 horas para anunciar as novas medidas de desescalada adoptadas pola Xunta asesorada polo comité clínico, reunido onte para analizar a situación epidemiolóxicas.

Onte a Xunta anunciou o peche perimetral de A Pobra do Caramiñal e Mos, así como de Lobios que continúa, a partir deste sábado 29 de maio, ás 00.00 horas, polo empeoramento da súa situación.

En nivel alto de restricións quedará Ribeira, Ordes, Moraña, Ponte Caldelas e Viveiro, quedando a súa hostalería nas terrazas unicamente e a un 50 por cento.

En nivel medio estará desde o sábado 12 concellos: O Barco de Valdeorras, Moaña, Ponteareas, Cambados, Bueu, Boiro, Rianxo, Cee, Xove, Cervo, Vilalba e Monforte. A hostalería estará aberta ao 30 por cento en interiores e ao 50 por cento en terrazas.

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS