sábado, mayo 18, 2024
InicioComarcasLouriñaO Festival de Cans recibe 208 obras de todo o mundo

O Festival de Cans recibe 208 obras de todo o mundo

Curtametraxes, vídeo clips e pezas audiovisuais diversas inscritas nas catro categorías a concurso, procedentes de países como Reino Unido, Alemania, Estados Unidos ou Portugal

O Festival de Cans, que se celebrará do 1 ao 4 de setembro, pechou esta semana o prazo de inscrición para concursar nesta décimo oitava edición, logrando superar as 200 obras. Inscribíronse un total de 69 obras de ficción, 76 vídeo clips, 36 obras de non ficción na categoría Furacáns, 9 curtametraxes de animación e 18 obras de diferentes formatos, que van das webseries ás videocreacións
As obras inscritas, ademais de desde Galicia, chegaron desde cidades do Estado como Madrid, Barcelona, Bilbao ou Valencia e de diferentes países, onde desenvolven o seu traballo moitos creadores galegos, como Reino Unido, Portugal, Estados Unidos, Alemaña e mesmo Brasil.

Máis de 10.000 euros en premios

Por vez primeira na súa historia, o festival superará a cifra dos 10.000 euros en premios, facendo un esforzo por non reducir en ningún caso esta aportación tan necesaria para premiar o labor de creadores, que están a atravesar momentos moi difíciles nos últimos meses. Agora mesmo, desde a organización comezarase un rigoroso proceso de visionado das obras, e un traballo para seleccionar aquelas que estarán na competición oficial.

Cans lanza a campaña de captación de patrocinios e a singular «apadriña ou amadriña ou jalpón»

Desde a organización trabállase con prudencia, para adaptar o festival en función da evolución da pandemia, “que agora mesmo está sendo esperanzadora”. Malia as duras condicións impostas no ámbito da cultura e as dificultades para traballar con estritas reducións de aforo, o Festival deCans continúa buscando apoios e patrocinios, e lanza un ano mais a campaña “Apadriña ou amadriña un jalpón”, para patrocinar os `jalpóns´de proxeccións máis emblemáticos do certame.
Todas aquelas empresas, institucións ou persoas que queiran colaborar co festival e axudar a sacar esta edición adiante, poden contactar escribindo un correo electrónico ao enderezo patrocina@festivaldecans.com, ou ben por mensaxe interna a través de calquera das redes sociais do evento

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES