domingo, mayo 5, 2024
InicioNewsComarcasVolve a Feira do Libro ás rúas da bisbarra

Volve a Feira do Libro ás rúas da bisbarra

Do 27 ao 30 de maior celebrase no Porriño e nos vindeiros meses chegará tamén a Redondela, Vigo e Ponteareas.

programa feira libro porriñoLogo de pasar por Ferrol e Santiago, a Feira do Libro de Galicia recala no Porriño. O evento cumprirá a súa quinta edición na vila e volverá ás rúas despois dun ano de parón forzoso pola pandemia.
Este mediodía celebrouse na Biblioteca Municipal a presentación do mesmo da man de Camila Moreira, concelleira de Cultura; Victoria Alonso, deputada provincial e Carlos Blanco, da directiva da Federación de Libreiros de Galicia.
O representante do sector manifestou “o noso agradecemento ao Concello do Porriño, á Deputación e á Xunta de Galicia polo seu esforzo para retomar a celebración destas citas feriais que nos relanzan”.
Victoria Alonso felicitou aos organizadores “por sacar adiante estas feiras neste ano complexo” e “por darlle un contido a maiores contando coa presenza de autoras e autores nos stands e poñer en valor a importancia do sector e de seguir mercando libros”.

Victoria Alonso, deputada provincial:

A deputada delegada de Cultura lembrou que “a Deputación estará presente cun stand sen actividade mercantil, tan só vai ser un espazo expositivo onde teremos as publicacións nas que colaborou a institución provincial e para amosar a nosa programación cultural”.

Victoria Alonso, deputada provincial:

Pola súa banda Camila Moreira reivindicou que a Feira do Libro do Porriño “contribuirá a visibilizar a esas escritoras que moitas veces están ao marxe e hai que facer porque sexan coñecidas e recoñecidas pola súa valía”. A concelleira de Cultura expresou que “estamos moi contentos de ter nesta edición como pregoeiro a juáncho, un autor novel porriñés que ademais presentará e firmará o seu libro ‘Na procura do medo esquecido’”.

Camila Moreira, concelleira de Cultura:

Por último, celebrou que eventos como a Feira do Libro do Porriño “fai que poidamos restablecer a nosa vida social, hábitos como o de mercar libros e polo tanto permite pasear polas rúas”.

Camila Moreira, concelleira de Cultura:

feiras libro galicia 2021 578x1024A Feira que se inaugurará o xoves 27, contará con cinco stands que se instalarán na rúa peonil fronte ao Concello e rematará o domingo día 30. Logo do seu paso por Porriño continuará o seu percorrido por toda Galicia. A primeira parada será na cidade de Ourense, onde se celebrará do 2 ao 5 de xuño para logo volver de novo á bisbarra e celebrarse do 17 ao 20 en Redondela e xa en xullo do 1 ao 10 en Vigo e do 15 ao 18 en Ponteareas.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES