sábado, diciembre 7, 2024
InicioComarcasLouriñaA COVID non frea a creación de emprego en Mos

A COVID non frea a creación de emprego en Mos

O Programa Integrado de Emprego do Concello de Mos chega ao seu ecuador cunha porcentaxe de inserción do 45%

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Promoción Económica, Desenvolvementoe Empresarial e Emprego, Julia Loureiro, reuníronse coas técnicos do Programa Integrado de Emprego nunha xuntanza de avaliación dos resultados obtidos polo programa ata o de agora e de programación das próximas accións a levar a cabo desde o mesmo.
Parece que a crise derivada da COVID-19 non frea a creación de emprego en Mos e o Programa Integrado de Emprego do Concello de Mos leva a data de hoxe acadada unha porcentaxe de inserción do 45% cando se atopa no seu ecuador, ao ter comezado o 9 de novembro do ano pasado e rematar o 8 de novembro do presente 2021.
A día de hoxe 45 dos 100 participantes do programa traballan ou traballaron desde o inicio e realizáronse xa un total de 22 accións formativas presenciais cun total de 1.062 horas.

45 dos 100 participantes atoparon emprego e realizáronse un total de 22 accións formativas

Actualmente estase cursando un curso dirixido á obtención do Certificado de Profesionalidade de Operacións Auxiliares do Almacén, que comezou o pasado 13 de abril e prolongarase ata o vindeiro 28 de xuño. A acción formativa, que consta dun total de 210 horas, entre teóricas e prácticas en empresa, está a ser impartida por FormaLar. Precisamente ata as instalacións do Colegio Lar para saudar ao alumnado deste curso achegáronse a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Promoción Económica, Desenvolvementoe Empresarial, Emprego e Educación, Julia Loureiro. O curso iniciárono un total de 15 usuarios do PIE pero nestes intres continúan 11, ao terse insertado laboralmente os catro restantes, ou ben con contrato xa definitivo ou ben en prácticas en diferentes empresas colaboradoras do Programa Integrado mosense.

Este curso é presencial e o pasado martes comezou outro telemático de Actividades Auxiliares de Almacén. Á súa vez 28 usuarios están a realizar 2.270 horas de formación en liña e hai unha previsión de poder realizar outras 2.151 horas.

16 usuarios están realizando prácticas en empresas

16 usuarios están realizando prácticas en empresas de diferentes sectores (industria, automoción e servizos). Durante os meses de abril e maio 6 dos alumnos que realizaron o curso de Programación de robots industriais de 40 horas de duración , impartido pola empresa localizada en Mos Unimate Robótica comezaron un período de prácticas no departamento de mantemento da empresa Benteler Automotive Vigo nas plantas sitas en Mos e Valadares. Durante dúas semanas poderán consolidar os coñecementos aprendidos durante o curso e demostrar o seu interese e motivación pola robótica industrial. Unha das persoas que xa rematou as devanditas prácticas incorporouse a traballar na planta de Valadares.

“Deste xeito demóstrase que o Programa Integrado de Emprego do Concello de Mos continúa co seu labor de mellora de competencias e asesoramento na busca activa de emprego a persoas desempregadas do municipio, que reciben tanto formación como sesións de orientación laboral personalizada”, declararon as representantes municipais Arévalo e Loureiro

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS