sábado, julio 27, 2024
InicioComarcasLouriñaClover, unha porquiña diferente, presentouse en Mos

Clover, unha porquiña diferente, presentouse en Mos

Beatriz Cabaleiro foi a segunda das convidadas ao ciclo «Mos coa lectura». Foi no Pazo onde deu a coñecer a súa estrea literaria.

Clover é unha porquiña norirlandesa que acaba de chegar ao equipo de baloncesto de Vila Liberdade. As súas manchiñas, coa curiosa forma do trevo, van chamar a atención das súas compañeiras e espertar as súas suspicacias. Así se presenta a primeira obra da escritora, xornalista e mestra Beatriz Cabaleiro, «Clover, unha porquiña diferente», que conta con ilustracións de Blanca Millán. Trátase dun álbum bilingüe galego-inglés pensado para lectores de Primaria.

O Pazo de Mos acolleu un novo acto de presentación incluído no ciclo ‘Mos coa lectura’ organizado polo Concello. Cabaleiro estivo acompañada pola alcaldesa, Nidia Arévalo; a concelleira de Cultura e Turismo, Participación Cidadá e Política Social e Igualdade, Sara Cebreiro; demais membros do equipo de goberno local e da corporación municipal e César Lorenzo, director da Editorial Aira, que edita a obra de Beatriz.

Beatriz Cabaleiro:

Nidia Arévalo:

César Lorenzo:

Perfil

Beatriz Cabaleiro naceu en 1992, pertence a unha coñecida familia da parroquia de Sanguiñeda e compaxina a docencia coa escritura. Tamén é membro do departamento de comunicación do Marisquiño. Colabora con concellos e centros educativos na organización de actos cos máis novos. Redacta contidos relacionados coa cultura e a diversidade en diarios dixitais e exerce como profesora. É graduada en Xornalismo pola USC (2015) e na English Studies College of Marin (2017).

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES