jueves, noviembre 7, 2024
InicioNewsO PaísA Xunta valora igualar o horario de toda a hostalería

A Xunta valora igualar o horario de toda a hostalería

Que os restaurantes e taperías poidan pechar a unha mesma hora é unha opción que estuda a Xunta se evolución da pandemia continúa a ser favorable como ten sido ata agora. Iso si, os bares de tapas deberán cumprir requisitos de ventilación e reservas.

O vicrepesidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda:

Os restaurantes poden pechar actualmente ás 1.00 horas; deben traballar con reserva de mesa, rexistro de clientes e medidores de C02. Mentres que os mesóns e bares de tapas deben  pechar ás 23.00 horas. A Xunta estuda que se equipare o seu horario nas próximas semanas pero para iso as taperías deberán estar equipadas con aparellos que as fagan igual de seguras para a saúde como os restaurantes, ademais de teren separados o comedor.

Igualmente, segundo avanzou  nunha entrevista Alfonso Rueda a pretensión é tamén ampliar o aforamento dos establecementos hostaleiros para que os negocios sexan máis rendibles economicamente.

Por outra banda, Rueda avanzou que Galicia continúa traballando para venderse como un destido, ademais de calidade, seguro. De maneira que os turistas que nos escollan neste bienio Xacobeo (2021-2022) o fagan con todas as garantías de que se teñen algún contratempo pola pandemia, van estar cubertos cun seguro.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS