lunes, octubre 7, 2024
InicioNewsComarcasAs aulas virtuais e o teletraballo, tarefas difíciles no rural

As aulas virtuais e o teletraballo, tarefas difíciles no rural

A internet resultou imprescindible durante o confinamento para continuar traballando e estudando, pero non sempre é posible nas comarcas.

Os aplausos nos balcóns, os arcos da vella nas fiestras e as oficinas, xunto coas aulas, que se trasladaron as casas. Son algunhas das imaxes que gardamos do confinamento que provocou a pandemia da COVID-19. A internet, entón, fíxose imprescindible para continuar coas tarefas laborais e educativas mais en todas as comarcas existe esta posibilidade? En Gondomar, cando menos, piden que a fibra se instale xa.

Un dos representantes da plantaforma Fiba xa!, Nelo Penide, explica que ter unha boa conexión a internet «non é unha cuestión de luxos, é un servizo fundamental».

Na Louriña, en Mos, será a final de ano cando, en principio, o 87% do municipio teña acceso a internet, segundo di o concelleiro de Novas Tecnoloxías, Leo Costas.  De feito, durante o confinamento o concello de Mos tivo que abastecer de router 4G aos veciños e ás veciñas para que desempeñaran o seu traballo ou os seus estudos. 

E se en Mos tiveron que abastecer de router á veciñanza, en Tomiño, o concello tivo que habilitar unha aula estudo durante o confinamento , segundo explica a alcaldesa, Sandra González. A previsión en Tomiño, segundo a rexedora, é que 0 100% do municipio teña acceso a fibra no 2022.

 

Nas Neves, o alcalde, Xosé Manuel Rodriguez, explica que ampliarase a fibra a varios puntos do municipio. Amáis, xa que no actual contexto da pandemia da COVID-19  o rural volve a ter protagonsimo á hora de escoller domicilio, o rexedor pide que se acompañe con accións políticas como o apoio para un mellor acceso a internet

No 2019, a Comisión Europea deu luz verde a 400 millóns de euros para o despregamento de redes de banda longa de moi alta velocidade en España co obxectivo de que se executara entre 2020 e 2022.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS