sábado, junio 15, 2024
InicioComarcasVal de MiñorA Xunta cambiará a cuberta do IES Val Miñor por 193.000 euros

A Xunta cambiará a cuberta do IES Val Miñor por 193.000 euros

O goberno galego licitará por 193.000 euros as obras de substitución da cuberta do IES Val Miñor, en Nigrán.

Segundo confirmou hoxe a delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, nunha visita a este centro educativo, con esta intervención búscase a mellora enerxética da edificación, que contará cunha nova cuberta e sistemas de illamento.

En canto ás especificacións técnicas da obra que se vai a executar no IES Val Miñor, Marta Fernández-Tapias detallou que consistirán na instalación dunha nova cuberta de panel sándwich con aceiro galvanizado e interior de poliuretano, a dotación de lana de roca para favorecer o illamento do teito e evitar as filtracións de auga e a substitución dos canalóns e as baixantes por outros de PVC.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES