sábado, diciembre 14, 2024
InicioNewsComarcasA incidencia baixa en Tomiño, Fornelos e Salvaterra

A incidencia baixa en Tomiño, Fornelos e Salvaterra

Tomiño e Fornelos de Montes sitúanse agora na mesma incidencia que a maioría dos concellos das comarcas, fóra da zona de risco.

Segundo a última actualización de Sanidade, Tomiño e Fornelos de Montes, dous dos concellos que presentaban as incidencias máis altas das comarcas, sitúanse agora fóra da zona considerada de risco polo SERGAS ao rexistrar entre 25 e 75 contaxios en COVID-19 por 100.000 habitantes nunha semana, ao igual que a maioría dos municipios. En Salvaterra de Miño hai unha mellor situación epidemiolóxica ao baixar dos 25 casos por 100.000 habitantes.

Son tres positivos menos que onte no concello de Tomiño ata rexistrar un total de 10 nunha semana. Deste xeito, sitúase na mesma incidencia que a maioría dos concellos das comarcas: entre 25 e 75 contaxios por 100.000 habitantes en 7 días. O mesmo ocorre en Fornelos de Montes, municipio que se atopaba na zona de risco dende o inicio do mes de maio.

O municipio de Salvaterra de Miño, pola súa banda, presenta arestora a segunda incidencia máis baixa que contempla Sanidade: entre 10 e 25 contaxios por 100.000 habitantes nunha semana cun abano de 1-9 positivos entre a súa veciñanza. 

O virus continúa sen circular nas Neves en 7 días, aínda que no municipio hai casos coa perspectiva de 14 días polo que aínda non é posible incluilo na listaxe dos concellos libres da COVID-19 como si o están O Rosal, Oia, Mondariz, Mondariz-Balnerio, O Covelo, A Cañiza, Crecente e Arbo.

Os demais concellos das comarcas manteñen os seus datos con respecto á actualización do mércores de Sanidade. Continúan fóra de risco, ao situarse na incidecia entre os 25 e os 75 contaxios por 100.000 habitantes nunha semana. É o caso da Guarda, Baiona, Gondomar, Tui, Nigrán, Vigo, Mos, Ponteareas, Salceda de Caselas, O Porriño, Redondela, Soutomaior e Pazos de Borbén. Ningún supera os 9 positivos en COVID-19 agás Ponteareas con 17 (-3), Mos con 11 (=), Redondela con 17 (-3), Gondomar con 11 (+2) e a cidade de Vigo con 186 (-12).

Falecen dúas persoas con COVID-19 na Área Sanitaria de Vigo 

O SERGAS notifica na xoranda do mércores dous falecementos vencellados á COVID-19 en Galicia, que se produciron na Área Sanitaria de Vigo.Trátase dun home de 75 anos e unha muller de 90 anos que foran diagnosticadas con coronavirus. Os decesos rexistráronse o 30 de abril e 11 de maio, respectivamente.

Descoñécese se as persoas recibiran algunha dose da vacina contra o virus posto que segundo informan dende Sanidade ese dato é confidencial e, amáis, «non desvela a causa da morte posto que todos os falecidos que se comunican tiñan COVID pero poideron falecer por otra patoloxía».

Deste xeito, son xa 2397 persoas con coronavirus as que perderon a vida dende o inicio da pandemia en Galicia. 

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS