sábado, diciembre 14, 2024
InicioNewsComarcasSanidade decide incluír a Vigo no nivel máis baixo de restricións

Sanidade decide incluír a Vigo no nivel máis baixo de restricións

Sanidade realizará cribados esta fin de semana nos centros comerciais de Gran Vía e Travesas.

O SERGAS xa decidiu sobre as restricións que deben rexer en Vigo a partir do venres 14 de maio. Dende a xuntanza do comité clínico que asesora á Xunta na pandemia da COVID-19 deste martes, Sanidade deixara sen determinar o nivel de restricións da cidade olívica, á espera dos resultados dos cribados que se levaron a cabo no concello. Finalmente, inlúese no nivel máis baixo de restricións.

Deste xeito, a hostalería de Vigo amplía os aforamentos ata o 50% no interior dos locais e ata o 75% no exterior, non haberá hora de recollida e poderán reunirse 4 persoas en lugares pechados e 6 en exteriores, ao igual que a maioría dos concellos da Área Sanitaria.

Cómpre lembrar que a mobilidade continúa sendo plena en toda a comundiade agás nos concellos nos que rexen as máximas restricións, que son Cambados, Laza e Padrón. Non está permitido nin entrar nin sair destes municipios salvo por causas xustificadas e, ademais, nestes municipios si  haberá hora de recollida as 23:00 horas.

O SERGAS detecta 22 positivos nos cribados da cidade de Vigo

Sanidade puxo en marcha, nas últimas xornadas, varios cribados na cidade de Vigo co fin de detectar persoas asintomáticas e evitar, así, que espallen o virus da COVID-19 sen decatarse. O resutado foron 22 positivos, dos cales 21 detectáronse no que se realizou no Porto de Vigo e 1 nos dos mercados de Teis, O Progreso, Calvario e Travesas. En total, Sanidade fíxolle a proba PCR a 1872 persoas.

Esta semana continuarán desenvolvéndose cribados poboacionais . Este mércores os equipos de profesionais sanitarios achegáronse ao IES Castelao; o xoves acudirán ao Centro Comercial Coia 4 ; o venres ao Colexio Alba; e o sábado aos 2 centros de Carrefour en Vigo, ao de Gran Vía e Travesas, que están destinados a todas aquelas persoas que estean no lugar e desexen realizar unha proba para detectar a COVID-19.

 

 

 

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS