jueves, abril 18, 2024
InicioNewsComarcasVolve subir a incidencia en Tomiño mentres baixa en Salvaterra e Pazos

Volve subir a incidencia en Tomiño mentres baixa en Salvaterra e Pazos

O concello de Tomiño sitúase, de novo, entre os 125 e 250 positivos por 100.000 habitantes nunha semana ao contar con tres contaxios máis.

Segundo a última actualización de Sanidade, Tomiño sitúase de novo nunha incidencia que se achega á conisiderada de risco polo SERGAS, ao rexistrar entre 125 e 250 casos por 100.000 habitantes, logo de que diminuira na anterior xornada. Mentres, baixa a presenza da COVID-19 entre a veciñanza de Salvaterra de Miño e Pazos de Borbén.

No municipio de Tomiño son tres contaxios máis que na xornada anterior. En total, son 19 e presenta, así, unha incidencia que se sitúa entre os 125 e 250 positivos por 100.000 habitantes nunha semana. É a máis alta das comarcas, que a comparte co concello de Fornelos de Montes, aínda que nesta localidade non son máis de 9 casos.

Pola súa banda, diminúe a presenza do virus entre a veciñanza de Salvaterra de Miño e de Pazos de Borbén. No caso do municipio do Condado, rexistra entre 10 e 25 contaxios por 100.000 habitantes nunha semana, a segunda incidencia máis baixa que contempla Sanidade. En Pazos, a COVID-19 deixou de circular durante 7 días mais non en 14 días polo que aínda non é posible incluilo na listaxe dos concellos libres do virus como si o están A Cañiza, Crecente, Arbo, Oia, O Rosal, Mondariz, Mondariz-Balneario e O Covelo.

Manteñen a situación epidemiolóxica con respecto á actualización do luns de Sanidade, os concellos da Guarda, Tui, Gondomar, Nigrán, Baiona, Salceda de Caselas, As Neves, Ponteareas, O Porriño, Mos, Redondela, Vigo e Soutomaior ao continuar na incidencia entre os 25 e 75 contaxios por 100.000 habitantes nunha semana. Ningún deles supera o abano dos 1-9 casos, agás Vigo con 172 (-7); Ponteareas e Mos con 11 cadanseu (=) e Redondela con 18 (=).

Baixa a presión hospitalaria na Área Sanitaria de Vigo

A presión hospitalaria, en relación aos pacientes con COVID-19, diminúe na Área Sanitaria de Vigo. Son 9 persoas ingresadas menos ata os 31 en camas convencionais e 14 na UCI, nunha xornada na que o SERGAS non notificou ningún falecemento por mor do virus.

Mantense en 825 os casos activos en COVID-19 na área, sen variación con respecto aos datos da anterior xornada.

 

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES