sábado, julio 27, 2024
InicioComarcasO CondadoO Concello de Salvaterra firma un convenio coa Xunta para reordenar o...

O Concello de Salvaterra firma un convenio coa Xunta para reordenar o viario municipal

Salvaterra de Miño avanza nunha vertebración «máis intelixente» cun novo convenio que vén de firmar o concello coa Consellería de Infraestruturas e Mobilidade.

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, e a alcaldesa de Salvaterra de Mió, Marta Valcárcel, firmaron este luns un convenio co fin de reordenar o viario municipal e abrir a rúa Galicia.

O obxectivo é reordenar e completar o viario municipal, que se estrutura a través de rúas que coinciden con treitos de estradas da Xunta de Galicia.

A alcaldesa, Marta Valcárcel, cualificou a asinatura deste convenio como un paso máis «na vertebración intelixente do municipio».

Pola súa banda, a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, pon en valor o convenio «que humanizará e dotará de máis funcionalidade ao concello».

Cun investimento autonómico de 500.000 euros, o concello levará a cabo as expropiacións dos terreos, así como a xestión dos documentos técnicos e da contratación e a execución das obras.

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES