sábado, diciembre 7, 2024
InicioNewsO PaísGalicia pide unha lei de xestión da pandemia pero Sánchez négaa

Galicia pide unha lei de xestión da pandemia pero Sánchez négaa

Sánchez insiste en que as autonomías teñen os instrumentos suficientes para xestionar a pandemia da COVID-19 unha vez acabado o estado de alarma e descarta cambios legais. A Xunta acusa ao Goberno de obrigar aos xuíces a facer de epidemiólogos.

O presidente da Xunta:

Despois de que a pasada fin de semana se producisen aglomeracións e desfases nalgúns puntos de Galicia co fin do toque de queda, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ao igual que outros mandatarios autonómicos, piden que se leven adiante cambios legais co respaldo do Congreso dos deputados para dotar a España dunha lei que lle permita ás autonomías xestionar con garantías a pandemia.

Despois de que o ministro de Xustiza, Juan Carlos Campo, abrira a posibilidade a un cambio legal nun futuro neste sentido, o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, descartouno: «Agora mesmo, neste estadio da pandemia, todas as comunidades autónomas teñen instrumentos dabondo para facer fronte á pandemia»

Pola súa parte, o ministro de Política Territorial, Miquel Iceta, explicou que para prohibir o botellón na rúa non fai falla un estado de alarma.

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS