martes, octubre 15, 2024
InicioComarcasLouriñaMaiores de Salceda traballan a estimulación nun horto terapéutico

Maiores de Salceda traballan a estimulación nun horto terapéutico

Lévase a cabo a través da asociación Afaga nas instalacións da antiga escola de Vendanova

A Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras demencias de Galicia (Afaga) continúa traballando en Salceda de Caselas aproveitando ao máximo as novas instalacións. Trátase dun horto terapéutico que comezaron a preparar fai uns días, cuxa actividade ten numerosos beneficios tanto para a estimulación funcional como para a estimulación cognitiva (atención, memoria, funcións executivas…) xa que faise lembranza de tódolos coñecementos sobre o campo e se planifican as tarefas. Ademais, axuda a mellorar o estado de ánimo e a autoestima (sentimento de utilidade e logro) e se fomenta a sociabilidade e a cooperación.
Unha aprendizaxe colectiva no que as persoas usuarias son as mellores mestras!

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS