lunes, octubre 14, 2024
InicioNewsO PaísRepunta de positivos e baixada de ingresados COVID en Galicia

Repunta de positivos e baixada de ingresados COVID en Galicia

Case 200 novos positivos detectados na última xornada (196) elevan a 3.048 os infectados de COVID-19 en Galicia. En cambio, mellora a situación nos hospitais, con baixada de ingresados en planta (163) e en UCI (44).

A tendencia á alza dos positivos de coronavirus en Galicia continúa, coin 196 diagnosticados nas últimas 24 horas, elevando a 3.048 os contaxiados, ao producirse subida de casos en todas as áreas, agás na de Ourense e Ferrol que baixan e na de Santiago que se manteñen.

Por áreas sanitarias:

Vigo: 906 (+12)

A Coruña: 750 (+9)

Pontevedra: 478 (+20)

Santiago: 347 (=)

Ourense: 254 (-10)

Lugo: 215 (+11)

Ferrol: 98 (-16)

Os ingresos levan subida nas últimas xornadas pero na última produciuse un descenso que motiva falar de estabilidade. Hai 207 persoas ngresadas: 163 en planta (-11) e 44 nas UCI (-2).

As vítimas da pandemia acadan as 2.385, logo do pasamento dunha muller de 97 anos no CHUVI.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS