jueves, abril 25, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoO Rosal saca a licitación a explotación dun quiosco no Camiño de...

O Rosal saca a licitación a explotación dun quiosco no Camiño de Santiago

Trátase dun módulo de 45 metros cadrados cunha zona de aseos e dúas pérgolas, unha delas con terraza.

O Concello do Rosal saca a licitación a explotación dun quiosco permanente na Explanada do Horizonte, unha área de lecer situada no Camiño de Santiago pola Costa, ao seu paso por Portecelo. A concesión será por catro anos prorrogables outros catro máis e establécese de saída un canon anual de licitación de 3.073,69 euros que pode ser incrementado á alza polos licitadores.

As persoas interesadas terán 15 días naturais a partir de hoxe mesmo para presentar as súas ofertas. Estas ofertas clasificaranse ordenadamente de maior a menos seguindo o criterio de prezo máis alto ofertado, dando a máxima puntuación de 100 puntos á oferta máis elevada e 0 puntos á que oferte o canon de saída.

O quiosco será o único punto de venda de bebidas ou comidas ao longo de todo o tramo do Camiño de Santiago pola Costa ao longo do municipio do Rosal, xa que os puntos máis próximos atópanse a 3,6 e 6,1 quilómietros, nos concellos de A Guarda e Oia, respectivamente.

Este quiosco-bar, situado nun módulo fixo que forma parte do proxecto de acondicionamento do Camiño de Santiago e da Explanada do Horizonte redactado pola arquitecta paisaxista María Fandiño, busca dotar de novos servizos á contorna para o desfrute dos veciños e veciñas de Portecelo e Sanxián, para as persoas que realicen este tramo do Camiño de Santiago ou para os e as excursionistas que se acheguen a este espazo.

Ademais, o Concello tratará de rachar coa estacionalidade convertendo a Explanada do Horizonte en punto de lecer e encontro durante todo o ano, organizando actividades culturais para todas as idades coas que dinamizar a zona.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES