lunes, octubre 14, 2024
InicioComarcasLouriñaUn brote nunha empresa do Porriño motiva un cribado na vila

Un brote nunha empresa do Porriño motiva un cribado na vila

A alcaldesa Eva García explica que o motivo do cribado para o cal o Sergas está a convocar a 6.000 persoas para o vindeiro domingo “está relacionado coa aparición dun brote nunha empresa do Porriño”

Eva García:

Así o informou esta mesma mañá aos asistentes á reunión telemática da Comisión Municipal de Seguimento da Covid
Segundo a información previa que a Xerencia da Área Sanitaria de Vigo lle trasladou á alcaldesa, “aínda que a incidencia no Porriño segue a ser moi baixa e que os infectados nesa empresa son, na súa meirande parte, residentes noutros concellos, o Sergas trata de determinar se hai contaxiados que sexan asintomáticos, tanto na nosa vila como na contorna”, indicou a rexedora local.
Cos datos actualizados do Sergas a día de hoxe, O Porriño ten unha incidencia acumulada inferior a 25 casos por 100.000 habitantes a 14 días, cifra que baixa a menos de 10 se se teñen en conta os últimos 7 días e “que son os mellores números de toda a pandemia”, precisou Eva García que volveu a animar ás 6.000 persoas convocadas ao cribado do domingo que “por favor acudan, polo seu ben, polo das súas familias e polo ben de todos nós”.
O Concello pon a disposición do Sergas o pavillón número 2 do polideportivo municipal, onde dende ás 08.30 e as 22.00 horas realizaranse as probas PCR.

Seguridade

A Policía Local en coordinación coa Agrupación de Protección Civil despregarán un dispositivo ao redor do Polideportivo e na rúa Doantes de Sangue para facilitar a chegada e aparcamento de vehículos, segundo se indicou dende a Concellería de Seguridade.

Competicións deportivas

No que atinxe ás competicións deportivas que xa estaban programadas no polideportivo, non haberá ningún aprazamento, segundo informou a Concellería de Deportes.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS