lunes, octubre 14, 2024
InicioComarcasLouriñaDoan medidores de CO2 aos hostaleiros do Porriño

Doan medidores de CO2 aos hostaleiros do Porriño

O Partido Popular da localidade conseguiu a colaboración da empresa Darlim para doar estes dispositivos á Asociación de Hostaleiros do Porriño (Ahospor)

Esta semana o Concello de Mos, en colaboración coa empresa RodaVigo, entregaba de xeito gratuíto 75 medidores de C02 a todos os negocios de hostalaría do municipio. E hoxe na localidade veciña do Porriño veñen de anunciar unha inicitiva similar.

O PP do Porriño asegura que vén de conseguir a colaboración de Darlim, empresa local, para doar estes dispositivos á hostalería da vila e axudar así a que os restaurantes cumpran cos requisitos do Plan de Hostelería Segura de Galicia, que entre outras cuestións, esixe garantir a calidade do aire no estabalecemento.

O voceiro do PP, Alejandro Lorenzo, agradece «a colaboración e solidaridade de Darlim, que permitirá que os restaurantes do Porriño cumpran cun requisito obrigatorio desde hoxe para servir ceas». O popular destaca que “o noso partido se puxo a disposición, desde o primeiro momento da pandemia, a colaborar e axudar aos veciños e diferentes colectivos locais, e por iso agora non dubidamos en dar un paso máis e en buscar solucións para que os restaurantes do Porriño sigan avanzando na desescalada segura proposta pola Xunta». Nesta liña, Lorenzo anima aos veciños a facer uso da hostalería local “con sentidiño”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS