lunes, noviembre 11, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoBuscan a un conductor que causou tres feridos e se deu á...

Buscan a un conductor que causou tres feridos e se deu á fuga

Os feitos aconteceron este xoves pola noite en Tomiño e agora a Policía Local investiga oparadoiro do responsable.

A Policía Local de Tomiño intenta localizar ao condutor dun turismo que provocou un accidente de tráfico con tres persoas feridas e que se deu á fuga sen prestar auxilio ás vítimas do outro vehículo implicado no sinistro.

Os feitos aconteceron ás 21.30 horas de onte, xoves, en Barrantes. A Policía Local acudiu ao lugar tras unha chamada de alerta por accidente. Ao chegar, o condutor que ocasionou o choque xa se dera á fuga sen prestar asistencia aos ocupantes do outro coche, que finalmente tiveron que ser trasladados en ambulancia ao hospital Fátima de Vigo.

A Policía Local de Tomiño abriu dilixencias para esclarecer as causas do suceso e tentar dar coa persoa fugada, un varón de mediana idade que conducía un Nissan Almera. O seu vehículo foi retirado do lugar do accidente e atópase custodiado pola Policía de Tomiño.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS